Relacións diplomáticas plenas!

Sobre o futuro, non sabemos aínda canto durará o bloqueo e como chegará a suprimirse. Porque, tomando en conta a efectividade que está a mostrar no caso ruso, chama a atención a esterilidade do caso cubano. Tampouco sabemos se o oxíxeno económico que chegará a Cuba reactivará a economía socialista como pretende Raul Castro ou acabará con ela para sempre, como pretende o equipo de Obama. Precisamente esa é a outra cara do acordo que descoñecemos, pero que intuímos: nin uns nin outros están a renunciar aos seus principios. Están abrindo un escenario de xogo totalmente novo, máis acordes cun mundo no que a Guerra Fría é unha lembranza resesa.

Tuğçe Albayrak

A pesar de que as historias de sucesos conforman un xénero tan afastado da literatura como da sensibilidade racional, conmoveume a historia de Tuğçe Albayrak, morta por defender a dúas adolescentes nun establecemento de comida rápida en Offenbach, perto de Frankfurt. Quero reflexionar sobre ela porque contén dous elementos que considero importantes para a construciónSeguir lendo “Tuğçe Albayrak”

Máis que nunca contra a violencia de xénero

Un pequeno problema de saúde e a coincidencia coa presentación do libro “Galicia, un pobo con futuro?” impedíronme acudir, como en anos anteriores, á convocatoria de manifestación pública realizada polo Concello de Vigo contra a Violencia de Xénero. Sen embargo, numerosas vivencias persoais fanme pensar que hoxe máis que nunca este problema é actual, queSeguir lendo “Máis que nunca contra a violencia de xénero”

Desterro

Porque o desterro é unha medida que corresponde ao dereito penal. E non pode ser invocado como dereito consuetudinario para ser imposto á marxe das leis que rexen ao conxunto da cidadanía. Nin sequera serviría unha interpretación do mesmo como separación entre familias a causa dun delito de sangue ou dunha deshonra. Os feitos aducidos en público non soportan esta interpretación, polo que se trata, a todas luces, dun exceso verbal, cando non dun claro abuso. E, por se fose pouco, o mediador designado por unha das partes, renuncia a exercer como tal ante a evidencia da ausencia de vontade de diálogo e a capacidade dunha das partes de impoñer solucións unilaterais.

Memoria

Logo de Camboia (a Campuchea de Pol Pot), España é o segundo país do mundo con máis persoas desaparecidas por causas políticas. Media Europa tivo que enfrontar unha situación máis terríbel e inzada de dor. Pero a vontade de recuperar a democracia e a convivencia logo da Guerra, fixeron que se restablecese a memoria das vítimas.

Novas achegas para comprender a exclusión na nosa contorna

A desigualdade é unha cuestión que xa non pode esperar máis, nin a nivel local nin a nivel mundial. Non podemos agardar un crecemento económico improbábel para comezar a distribuír os recursos dun xeito máis xusto e solidario.

Premio Nobel da Paz para Kailash Satyarthi

Tomado de http://www.globarlmarch.org Outubro 10, 2014: É un día de orgullo e alegría grande tanto para a Marcha Global Contra o Traballo Infantil como para o seu presidente Kailash Satyarthi convertido no primeiro hindú en gañar o Premio de Paz do Nobel polo o seu traballo sen par a prol dereitos da infancia Este anoSeguir lendo “Premio Nobel da Paz para Kailash Satyarthi”