Cómo o historiador Shlomo Sand ‘deixou de ser xudeu’

“¿Non é o simple feito de definirse como xudeu no Estado de Israel un acto de afiliación a unha caste privilexiada que crea inxustizas intolerables ao seu arredor?” pregunta o historiador israelí Shlomo Sand no seu último libro, How I Stopped Being a Jew (“Cómo dexei de ser xudeu”). E responde afirmativamente. viaCómo el historiadorSeguir lendo “Cómo o historiador Shlomo Sand ‘deixou de ser xudeu’”

Polos secuestrados e os perseguidos

Entro onte na catedral de Santiago de Compostela e descubro como benvida un cartel en que se me invita a orar polos secuestrados e polos perseguidos, pola paz no mundo. O convite chamou a miña atención. Porque o primeiro pensamento é para as persoas que, no medio das guerras que desangran Oriente Medio, son empregadasSeguir lendo “Polos secuestrados e os perseguidos”

O Planeta xa non é suficiente

Cada ano, cando chega agosto, deixamos de consumir o que nos corresponde e comezamos a chuchar os recursos que serían necesarios para as xeracións vindeiras. Non só están mal distrubuídos os recursos entre nós. Senón que cometemos impunemente un latrocinio dos recursos que debería gozar a humanidade futura.

Erdogan

No balbordo de feitos que conmocionan á opinión pública, a penas se sentiron reflexións sobre a vitoria electoral de Recep Tayyip Ergogan nas eleccións presidenciais do pasado 10 de agosto. Non son eu especialista en política internacional, e algunhas das miñas opinións estarán, sen dúbida, desenfocadas. Sen embargo, gostaríame compartilas e poder manter un diálogoSeguir lendo “Erdogan”

3963 familias galegas non poden alimentar adecuadamente aos seus fillos

Parece ser que a pobreza infantil é o tema do verán. Dáse o paradoxo de que xa antes de 2008 constituía unha realidade preocupante entre nós. E que as indicacións da Unión Europea a respecto da redución da pobreza infantil e da prevención da reprodución xeracional da pobreza foron desoídas, como se estivesen a falarSeguir lendo “3963 familias galegas non poden alimentar adecuadamente aos seus fillos”

Cómpre un novo pacifismo

A nova podería ser que cae un Boeing 777. De seu, sería noticia. Pero a nova parece ser outra: á forza tivo que ser a drede; non se trata dun acto involuntario. Volve a guerra a Europa. E parece que con obxectivo de quedarse. Hai cen anos enganáranse quen pensaron que no Nadal todo oSeguir lendo “Cómpre un novo pacifismo”

Axilizar a RISGA

Este mércores, o Parlamento de Galicia subscribiu por unanimidade, a instancias de Carme Adán, do BNG, un acordo para axilizar os trámites da Renda de Inserción Social de Galicia e cumprir así cos prazos que marca a Lei 10/2013 de Inclusión Social. A situación para algunhas persoas comezaba a ser grave porque, a posta enSeguir lendo “Axilizar a RISGA”