Pobreza infantil e transmisión da pobreza

Transmítese a pobreza: si. E mesmo se incrementa de nais a fillas, de pais a fillos. Nin sequera a educación está a ser quen de crear mobilidade social. Temos a xeración de menores de idade proporcionalmente máis pobre desde que chegou a nós a revolución industrial. E non hai políticas nin conciencia suficiente para poderSeguir lendo “Pobreza infantil e transmisión da pobreza”

Xornadas de Agamme sobre o maltrato á infancia e á adolescencia

Participei onte, en calidade de relator, nas III Xornadas sobre o maltrato á infancia e á adolescencia, organizadas por AGAMME, na sede do Ateno Ferrolán, que fixo de anfitrión. Lonxe de encomendar o contido da xornada e un persoeiro dos que enchen auditorios, AGAMME optou por ofrecer un concerto polifónico para abordar os aspectos económicos,Seguir lendo “Xornadas de Agamme sobre o maltrato á infancia e á adolescencia”

Contra a pena de morte

Exipto ven de condear a morte a varios centos de activistas dos Irmáns Musulmáns. E veño de asinar unha petición para conseguir unha fatua en contra desa decisión. Nunca pensei que chegaría a participar nunha acción a nivel mundial a prol da Irmandade. Non simpaticei coas políticas de islamización lexislativa promovidas polos irmáns. Non coaSeguir lendo “Contra a pena de morte”

Lei Xitana?

Agora que volven a primeiro plano da actualidade determinados impostores, que din falar en nome do pobo xitano cando levan anos falando exclusivamente en nome propio, convén reflexionar sobre a pertinencia da lei común na abordaxe dos dereitos das minorías. Para comezar, hai que afirmar rotundamente que, de entender por Lei Xitana un corpo xurídicoSeguir lendo “Lei Xitana?”

No asasinato de Lupe – In Memoriam

Cando chegamos a Figueirido, había unha morea de coches abeirados na estrada, nas proximidades da casa, especialmente do lado dereito, en dirección subida. Tivemos que camiñar cen metros antes de dar co portalón de entrada ao patín, onde agardaban os homes, dispersos en grupos de voces baixas e olladas de receo ante os estraños. Dentro,Seguir lendo “No asasinato de Lupe – In Memoriam”

O si de Suíza é un NON

Antonte Suíza votaba nun referendo que fai honra á súa democracia, porque foi proposto por grupos políticos minoritarios, foi aceptada a súa realización por toda a confederación e, finalmente, contra a opinión dos principais partidos políticos, das principais organizacións patronais e de moitos líderes de opinión, acabou ganando a opción do “SI”. De acabar aquíSeguir lendo “O si de Suíza é un NON”

Morte pasando a Ceuta

Non sei ben aínda o que aconteceu. E non quero culpar en primeira persoa a ninguén neste momento. Pero lembro os campamentos dos subsaharianos agochados entre o Campus Universitario de Oujda e a fronteira de Alxeria. Lembro a súa cara de medo, de cansazo, de fame. E tamén de vítimas do desprezo. Algúns aventúranse naSeguir lendo “Morte pasando a Ceuta”

Desigualdade

Na axenda da cimeira dos poderosos deste mundo, en Davos, entrou na axenda a cuestión da desigualdade. Non é que se arrepintan de esconder as súas riquezas en paraísos fiscais, impedindo que teñan un horizonte de utilidade universal a través dos Estados que serviron durante a modernidade para crear os mecanismos que os converteron enSeguir lendo “Desigualdade”