Que bonito é Panamá

En 1978 o escritor alemán Janosch publicou a súa obra Oh, wie schön ist Panama (Oh, que fermoso é Panamá) un conto infantil no que os seus protagonistas, Oso e Tigre, saen á procura da terra dos seus soños. Na fábula, logo de percorrer a súa bisbarra e atopar outros animais e facelos partícipes daSeguir lendo “Que bonito é Panamá”

Na inauguración dunha Igrexa Evanxélica (romanesa) en Vigo

Non teño ningunha dúbida de que as sociedades secularizadas seguirán albergando grupos fondamente relixiosos. E mesmo producindo novas formas de relixiosidade. A función da militancia a prol da sociedade intercultural non está en negar esas formas de comportamento social que apelan á transcendencia, senón de integralas nunha comprensión máis ampla, na que existan puntos de acordo entre persoas relixiosas e laicas, en sociedades que, sendo plurais, permitan a liberdade de conciencia e de culto, pero que non utilicen esa liberdade para impoñer unilateralmente unha determinada visión do mundo, unhas determinadas normas e unhas determinadas formas de poder e de opresión.

Outra vez Syriza? Ula esquerda radical?

Os trepidentes meses que transcorreron desde que en xaneiro Syriza chegou ao poder en Grecia ata que na noite de onte se confirmou a súa terceira vitoria nunha consulta popular no que vai de ano, produciuse unha viraxe sonora sobre a que cómpre reflexionar, porque está a condicionar o presente e o futuro inmediato dasSeguir lendo “Outra vez Syriza? Ula esquerda radical?”