Teño dificultades en pensar que sería deste noso país sen a herdanza de Ramón Muñiz no ámbito da loita contra a pobreza e a exclusión social.
Arquivo de categoría:Inclusión Social
Unha noite nas urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro
Preguntaba unha persoa se era posible marchar a Montecelo para ser atendida alí. Unha persoa que segue crendo que é posible contar cunha sanidade pública de calidade, que existe e que está ao noso alcance, aquí en Galicia. Pero que chegou ao convencemento de que non existe en Vigo e no Hospital Álvaro Cunqueiro. Así, quen de boa fe pensaba que as críticas e as protestas carecían de fundamento, acaba por comprobar que temos un grave problema e que, pese ás proclamas de normalidade, está moi lonxe de solucionarse.
O emprego en marzo
Os datos do Servizo Público de Emprego confirman que marzo foi un bo mes para o emprego. Para que a comparación teña sentido, máis que preguntarnos polo pasado mes de febreiro, debemos atender aos datos de marzo de 2014. Galicia pasou no último ano de ter 276.463 persoas inscritas como desempregadas hai un ano aSeguir lendo “O emprego en marzo”
O contexto da exclusión social en Galicia
Lento, ineficaz, inxusto
Sen estas dúas cuestións, unha mellora da protección laboral e unha fiscalidade máis xusta, as reformas continuarán chegado tarde e resultando inxustas. E non van servir para devolvernos a confianza nas institucións económicas, políticas e sociais.
Parados en outubro
Que está a pasar no mercado de traballo en Galicia? Que podemos agardar para os vindeiros meses? Pois parece que veremos unha evolución positiva do emprego, sempre en termos de comparación anual. Pero seguiremos lonxe de ter unha taxa de actividade propia dun país moderno (actualmente é do 53,9% segundo o IGE, mentres que en Europa é do 57,6%). E o desemprego continuará sendo unha realidade cotiá para unha de cada cinco persoas que queiran traballar.
Novas achegas para comprender a exclusión na nosa contorna
A desigualdade é unha cuestión que xa non pode esperar máis, nin a nivel local nin a nivel mundial. Non podemos agardar un crecemento económico improbábel para comezar a distribuír os recursos dun xeito máis xusto e solidario.
Dilma gaña para seguir contra a pobreza
Escribía esta madrugada Juan Arias desde Brasil que o medo a perder as conquistas sociais levara á reelección de Dilma Rousself, do Partido dos Trabalhadores do Brasil e candidata á reelección. Os dous procesos electorais deste domingo, o máis modesto de Uruguai, e o xigantesco do Brasil, estiveron marcados pola normalidade, pola presenza na concorrenciaSeguir lendo “Dilma gaña para seguir contra a pobreza”
Dilma e o fin da pobreza extrema
Dilma e o fin da pobreza extrema. Despois de doce anos de redución continuada da pobreza extrema no Brasil, o país demanda un rumbo novo. O problema radica en que a alternativa traerá máis desigualdade e, quen sabe, acaso un retorno da pobreza extrema.