O emprego en marzo

Os datos do Servizo Público de Emprego confirman que marzo foi un bo mes para o emprego. Para que a comparación teña sentido, máis que preguntarnos polo pasado mes de febreiro, debemos atender aos datos de marzo de 2014. Galicia pasou no último ano de ter 276.463 persoas inscritas como desempregadas hai un ano aSeguir lendo “O emprego en marzo”

Lento, ineficaz, inxusto

Sen estas dúas cuestións, unha mellora da protección laboral e unha fiscalidade máis xusta, as reformas continuarán chegado tarde e resultando inxustas. E non van servir para devolvernos a confianza nas institucións económicas, políticas e sociais.

Parados en outubro

Que está a pasar no mercado de traballo en Galicia? Que podemos agardar para os vindeiros meses? Pois parece que veremos unha evolución positiva do emprego, sempre en termos de comparación anual. Pero seguiremos lonxe de ter unha taxa de actividade propia dun país moderno (actualmente é do 53,9% segundo o IGE, mentres que en Europa é do 57,6%). E o desemprego continuará sendo unha realidade cotiá para unha de cada cinco persoas que queiran traballar.

Menos do 20% dos desempregados sen protección?

Preto de 5.237.900 de persoas estarán en paro o ano que vén, segundo as previsións que o Goberno incluíu nos Orzamentos Xerais de 2015 e que teñen como referencia a Enquisa de Poboación Activa. O número de beneficiarios de prestacións non será, con todo, tan elevado. É máis, segundo os cálculos do Executivo só 1.010.000Seguir lendo “Menos do 20% dos desempregados sen protección?”

Desemprego

Seguen sen ser evidentes os sectores que nos deben sacar da crise, aínda que na práctica iso signifique que agardamos a que volva a construción a salvarnos, sen dúbida un sector clave, pero que ocasionou unha das épocas de maior corrupción política e impacto negativo medioambiental. Se ten que volver a construción, orientémola, de formaSeguir lendo “Desemprego”

Diminúe a poboación activa (creamos emprego?)

Segundo os datos oficiais (Instituto Galego de Estatística), diminúe a poboación activa, especialmente entre a xente nova. Resulta urxente incrementar a poboación ocupada, non só diminuír o desemprego.

Baixa intensidade no emprego (2)

Hai seis meses escribía aquí mesmo que o centro das nosas preocupacións pola inclusión social para os próximos anos debía ser a baixa intensidade laboral. Non só as familias con todos os seus membros en situación de desemprego (que serán, sen dúbida, as que máis preocupen). Tamén están nese grupo as que non traballan sequeraSeguir lendo “Baixa intensidade no emprego (2)”

Menos desemprego, menos traballo

Hai máis de dúas décadas que vimos falando da posibilidade de repartir o emprego existente para lograr unha sociedade máis cohesionada desde o punto de vista da ocupación. Sen embargo, durante anos as dinámicas das empresas (pero tamén as estratexias individuais) foron outras. Mentres que a produtividade estaba estancada, o número de horas traballadas porSeguir lendo “Menos desemprego, menos traballo”