Unha noite nas urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro

Preguntaba unha persoa se era posible marchar a Montecelo para ser atendida alí. Unha persoa que segue crendo que é posible contar cunha sanidade pública de calidade, que existe e que está ao noso alcance, aquí en Galicia. Pero que chegou ao convencemento de que non existe en Vigo e no Hospital Álvaro Cunqueiro. Así, quen de boa fe pensaba que as críticas e as protestas carecían de fundamento, acaba por comprobar que temos un grave problema e que, pese ás proclamas de normalidade, está moi lonxe de solucionarse.

Na morte de Hugo Chávez

Rafael Cuíña dicía a pasada semana: “pésame, humanamente, a morte de Hugo Chávez”. Ecoei as súas palabras axiña, porque tamén eu o sentía. Agora, a medida que pasa o tempo, impóse a reflexión. E a min pásame con Hugo Chávez como con tantas cousas na vida. Cando pensaba que tiña unha patria, unha filiación, unhaSeguir lendo “Na morte de Hugo Chávez”

Agrávase a crise demográfica

Faro de Vigo publicaba hoxe unha nova que afonda na nosa preocupación pola crise demográfica que vive o país. A realidade é que hai quince persoas mortas por cada dez que nacen. E a mortandade está a intensificarse, froito das idades avanzadas para as que imos todos, mentres que a natalidade segue a diminuír. AtaSeguir lendo “Agrávase a crise demográfica”

O mapa de exclusión sanitaria da poboación inmigrante

O mapa de exclusión sanitaria da poboación inmigrante A exclusión sanitaria da poboación inmigrante é xa unha realidade. Lonxe do tópico de que eran eles quen abusaban dos sistemas de saúde, sempre estiveron infrarrepresentados nos servizos de saúde; por máis que a concentración de poboacións migrantes en certas zonas, normalmente as máis vulnerables ou conSeguir lendo “O mapa de exclusión sanitaria da poboación inmigrante”