Novas achegas para comprender a exclusión na nosa contorna

A desigualdade é unha cuestión que xa non pode esperar máis, nin a nivel local nin a nivel mundial. Non podemos agardar un crecemento económico improbábel para comezar a distribuír os recursos dun xeito máis xusto e solidario.

18000 fogares con nenas ou nenos en pobreza severa

Uns 18.000 fogares con rapaces menores de 18 anos ao seu cargo sofren carencia material severa en Galicia, segundo recoñece a Xunta baseándose no informe sobre pobreza infantil no país que foi presentado pola directora xeral de Familia, Amparo González. O documento, segundo o Goberno galego, servirá ao Executivo para elaborar unha nova estratexia de inclusión social ata o 2020 no que se inclúan medidas de loita contra esta situación.
Praza.com