Unha pintada a prol de Tabarnia en Teis

  Alguén pintou na parede a cantidade de falantes que perde a lingua galega anualmente. Non simpatizo especialmente con esta forma de concienciar á xente, pensada só para xentes iniciadas, que coñecen as cifras e as causas. Tampouco é doado concordar co algoritmo do cálculo, pensado desde a óptica de que os máis dos mortosSeguir lendo “Unha pintada a prol de Tabarnia en Teis”

Nazis

  O debate escrito en paredes axuda a condensar e radicalizar as posicións ideolóxicas. Aquí o debate comezou cunha expresión explícita de anti-semitismo. A súa descalificación introduce un novo tema de debate que non suscita ningún tipo de simpatía na maioría dos viandantes. Así avanza a presenza pública dos fascismos nas sociedades contemporáneas… ata situarseSeguir lendo “Nazis”

Un canto pacifista para un Nobel de Literatura

A educación para a paz, como calquera outra educación da sensibilidade, necesita de certos himnos, cánticos e símbolos que transcenden aos seus autores e forman parte do patrimonio colectivo de quen aspiramos a outras formas de convivencia, tan posibles como necesarias para o futuro da vida humana no planeta. Non todo o que premia aSeguir lendo “Un canto pacifista para un Nobel de Literatura”

Deporte e política

A protesta de Feyisa Lilesa, o etíope que foi segundo no maratón de Río, cruzando a meta cos brazos ergueitos en aspa, deu voz ao conflito político que se vive no seu país, Etiopía, entre o goberno da minoría tigrés e as maiorías oromo e amhara. Feyisa é oromo, e as protestas comezaron entre aSeguir lendo “Deporte e política”

SYRIZA (3)

Ética e política Quero rematar esta reflexión sobre a situación grega apuntando tres cuestións en clave de futuro, atendendo en primeiro lugar á ética, en segundo lugar ao futuro da cohesión social e por último, á política. As primeiras decisións da autodenominada Coalición Radical de Esquerdas foron bastante paradoxais. En vez de tratar de entenderseSeguir lendo “SYRIZA (3)”

SYRIZA (2)

Unha política: a austeridade O remedio para frear a sangría económica sufrida polos Estados do Sur de Europa foi clara: realizar recortes nos orzamentos públicos para destinar os aforros xerados ao pago da débeda. Tratábase de evitar un rescate. Pero axiña aconteceu o rescate grego. Logo virían o irlandés e o portugués. Non se mencionaSeguir lendo “SYRIZA (2)”

Un atentado contra a liberdade de expresión

Xa van doce mortos e dez feridos no maior atentado contra a liberdade de expresión producido en Europa nos últimos tempos. http://www.lemonde.fr/idees/article/2013/11/20/non-charlie-hebdo-n-est-pas-raciste_3516646_3232.html Igual que denunciamos a islamofobia como patoloxía social, condeamos os ataques contra a liberdade de expresión, e máis cando son atentados contra o dereito sagrado á vida!

Premio Nobel da Paz para Kailash Satyarthi

Tomado de http://www.globarlmarch.org Outubro 10, 2014: É un día de orgullo e alegría grande tanto para a Marcha Global Contra o Traballo Infantil como para o seu presidente Kailash Satyarthi convertido no primeiro hindú en gañar o Premio de Paz do Nobel polo o seu traballo sen par a prol dereitos da infancia Este anoSeguir lendo “Premio Nobel da Paz para Kailash Satyarthi”

Sen rastro de Francisco on the road

A Xunta organiza a que debería ser a exposición do ano, un magno evento para conmemorar o 800 aniversario da chegada a Compostela como peregrino de San Francisco de Asís. Seica hai dúbidas da realidade do feito da peregrinación xacobea daquel rebelde que puxo patas arriba o cristianismo medieval. A pesar de non forzar unhaSeguir lendo “Sen rastro de Francisco on the road”