A sapeira

Daquela a viña ocupaba o espazo que vai do monte do Castro ao río Arnoia. Os socalcos gapearan pola ladeira coas unllas dos homes cavadas entre a pedra e a terra para gañar uns metros de fertilidade sobre as costas cansas do Val de San Vicente. O suor regou o bacelo ata sangrar un viño novo que dese vida ao noso sangue.

Facemos parte do ecosistema de Pedrogão Grande

Foi en Pedrogão Grande, e na estrada que une Figueiró dos Vinhos con Castanheira de Pêra podía ser calquera das nosas parroquias ou estradas rurais. Hai un continuo forestal que vai desde as terras do Navia no Occidente de Asturias ata o Alto Alentejo caracterizado pola presenza abafante do eucalipto como especie pirófila de crecemento rápido

Decrecemento ou colapso demográfico?

Proxección a curto prazo (2024) O Instituto Galego de Estatística (IGE) ven de facer pública este venres a súa proxección a curto prazo da evolución da poboación de Galicia. A previsión, para o conxunto do país, é dunha diminución da poboación arredor dun 5%, unha perda de 134.813 habitantes, como se desaparecesen en dez anosSeguir lendo “Decrecemento ou colapso demográfico?”

Galicia, un pobo con futuro?

O noso devalo demográfico
Hoxe veu á luz esta obra colectiva, redactada baixo a batuta de Manuel Blanco Desar quen, ademais de realizar unha valiosa achega, chamou por xentes do máis dispar para poñernos a pensar colectivamente no que acaso é o máis grave problema do noso ser colectivo como pobo para hoxe e para o futuro que albiscamos.