Que bonito é Panamá

En 1978 o escritor alemán Janosch publicou a súa obra Oh, wie schön ist Panama (Oh, que fermoso é Panamá) un conto infantil no que os seus protagonistas, Oso e Tigre, saen á procura da terra dos seus soños. Na fábula, logo de percorrer a súa bisbarra e atopar outros animais e facelos partícipes daSeguir lendo “Que bonito é Panamá”

Lento, ineficaz, inxusto

Sen estas dúas cuestións, unha mellora da protección laboral e unha fiscalidade máis xusta, as reformas continuarán chegado tarde e resultando inxustas. E non van servir para devolvernos a confianza nas institucións económicas, políticas e sociais.

Parados en outubro

Que está a pasar no mercado de traballo en Galicia? Que podemos agardar para os vindeiros meses? Pois parece que veremos unha evolución positiva do emprego, sempre en termos de comparación anual. Pero seguiremos lonxe de ter unha taxa de actividade propia dun país moderno (actualmente é do 53,9% segundo o IGE, mentres que en Europa é do 57,6%). E o desemprego continuará sendo unha realidade cotiá para unha de cada cinco persoas que queiran traballar.

Dilma gaña para seguir contra a pobreza

Escribía esta madrugada Juan Arias desde Brasil que o medo a perder as conquistas sociais levara á reelección de Dilma Rousself, do Partido dos Trabalhadores do Brasil e candidata á reelección. Os dous procesos electorais deste domingo, o máis modesto de Uruguai, e o xigantesco do Brasil, estiveron marcados pola normalidade, pola presenza na concorrenciaSeguir lendo “Dilma gaña para seguir contra a pobreza”