Os anos van pasando. E deitan tenrura nas xemas dos dedos, pero tamén deixan o pouso amargo das lembranzas idas. Sen tempo, tantas veces, para refacer as pontes que levou o río, a corrente segue arrastrando follas e polas, as areas do fondo e mesmo os coios. Nos dedos fuxe a auga e fican calafríosSeguir lendo “Os anos”
Arquivo de categoría:Varia
Victoria
As veces gañamos. Como os rapaces esta mañá. (É curioso: nunca gostei do fútbol. Nin para xogalo nin para velo. E agora ando a percorrer a contorna de Vigo cada sábado atrás dos partidos de Mateo). A victoria é fermosa cando é froito do traballo e da colaboración de moita xente. Cando hai ledicia poloSeguir lendo “Victoria”
Perdón
O perdón é moito máis importante en días coma hoxe, en que a carraxe é a primeira reacción, para deixar paso despois á vinganza. Cómpre desarmar antes que nada o pensamento e logo os sentimentos. Porque non é posible enfriar os sentimentos sen ter a cabeza fría. Pero, antes que todo, está o corazón, queSeguir lendo “Perdón”
Saber rematar
“É máis difícil rematar, que escribir un novo verso” F. Nietsche Also sprach Zarathustra Non é doado. Porque unha vez que estamos, xa non queremos parar. Fixémolo ben un tempo. Foi ben ao principio… E logo, as cousas fóronse deteriorando: un día non saíron, outro estragáronse cando xa estaba case terminado. Comezou a faltar aSeguir lendo “Saber rematar”
Erros
Cometemos erros. Algúns son simples equivocacións, problemas coas palabras ou cos conceptos que designan, interpretacións incorrectas ou discordantes. Neses casos, a pouco que falemos entre nós, con algo de humildade e con ganas de arranxalo, a auga volve ao rego e podemos continuar o camiño sen graves perdas. Outros erros lévannos fóra de todo daSeguir lendo “Erros”
Á procura da bitácora
O que sexa unha bitácora é cousa que non podo contar aínda, eu que non fun mariñeiro e que estou a piques de naufragar no intento de adentrarme no mar. Pero sei que na escrita quedan rumbos e tentativas que apuntan xornadas e horizontes, rumbos e derrotas. Fun demasiado lonxe, acaso, á procura da palabraSeguir lendo “Á procura da bitácora”
A expulsión
A expulsión dos romaníes búlgaros e rumanos por parte das autoridades francesas, que ten comezado xa, é unha das novas máis preocupantes desta década desde o punto de vista da convivencia intercultural. Cando foi a Italia de Berlusconi, país cun claro déficit democrático, gobernado por forzas da extrema dereita máis ou menos recovertidas á democraciaSeguir lendo “A expulsión”