Un país de prestado

Non estou certo de todo do que significa o rescate da economía española. Entre outras cousas porque sospeito que pouca xente ten unha idea clara ao respecto. Para empezar, o presidente do goberno parece que tardará en entendelo ata o mes de xullo, e mentres prefire ver os partidos da selección española en Polonia. O ministro de economía parece telo máis claro, e comprométese a dar unha explicación en sede parlamentaria. Os mercados deberon entender que todo tiña que seguir igual ou, se cadra, ir a peor. E niso andan.
Eu, que tamén asumo o compromiso de comparecer neste foro en canto entenda algo, fago unha pregunta, por se alguén se anima a compartir comigo certa información ou a simple perplexidade que nos aferrolla. No medio deste trebón, en plena xeira da globalización e da integración europea, ten sentido falar de “economía nacional”. Porque antes discutíamos sobre este termo en claves de centro e perifería. Pero, ou fuximos do Euro correndo antes de que entre o verán, ou convén que comecemos a falar en termos de “economía europea”.

Não culpem o Rio

Fágome eco dun artigo de Michel Rocard en PUBLICO.PT

Não culpem o Rio – Michel Rocard – PUBLICO.PT.

Trátase dunha interesante reflexión sobre o paralelismo entre o fracaso da Sociedade de Nacións polas esixencias de unanimidade, que a fixeron estéril, e a xestión das axencias internacionais da ONU e das cimeiras mundiais organizadas por esta, que tamén están a ser xeridas desde idéntica esixencia, cunha oposición crecente dos Estados Unidos (o verdadeiro patrón do Fronte polo Non nestas cimeiras), boa parte dos BRIC’s -Brasil, Rusia, India, China, en acrónimo-, sobre todo cando se trata de falar do clima e da eficiencia enerxética.

Un novo estilo de gobernanza mundial é necesario para poder afrontar o século que aínda comezamos. Os equilibrios de forzas xa non son o que eran. Podemos entregarnos á chantaxe de quen pretende esquilmar o planeta á espera de que o futuro nos agasalle con remedios que hoxe temos que considerar máxicos… Ou entregarnos a unha consideración científica das nosas posibilidades presentes e futuras, como base de formas de decisión democráticas, nas que o consenso sexa posible, pero nas que a maioría da humanidade teña algo que dicir a través dos seus representantes lexítimos.

A crise dispara as diferenzas entre ricos e pobres en España

Na experiencia que imos acumulando sobre pobreza, exclusión e desigualdade social, os efectos das crises económicas e de emprego tardan en chegar á xente máis que os indicadores macroeconómicos. Pero logo, fican moito máis tempo, tanto na biograficamente como socialmente.

La crisis dispara las diferencias entre ricos y pobres en España | Sociedad | EL PAÍS.

O teste da Turquia – Anne-Marie Slaughter – PUBLICO.PT

Non é que eu simpatice especialmente cos argumentos do intervencionismo humanitario. Detrás de moitos argumentos esgrimidos durante anos, existen sospeitas fundadas de formas de neoimperialismo e de etnocentrismo occidental. Pero menos aínda podo simpatizar coas masacres indiscriminadas da poboación civil, coa negación das máis mínimas liberdades, co etnicidio ou coas guerras de relixión.

Por iso acho interesante esta reflexión de Anne-Marie Slaughter, na versión portuguesa que ofrece o diario Público.

O teste da Turquia – Anne-Marie Slaughter – PUBLICO.PT.

Declinio de Occidente?

O declínio do Ocidente revisitado

Shlomo Ben-Ami 

En PUBLICO.PT

O declínio do Ocidente revisitado – Shlomo Ben-Ami – PUBLICO.PT

Aínda que son moitas as voces que perciben un declive sostido de Occidente, mentres que outras optan por recuperar discursos etnocéntricos, cando non xenófobos, para evitalo, convén retornar aos valores fundantes da convivencia, que pasan por considerar a liberdade e a igualdade de oportunidades, así como a defensa dos Dereitos Humanos como centro do noso sistema.

Logo virán as disputas sobre a pertinencia de determinados valores que poden estar en cuestión, ou de certas formas de organización que pretenden levalos a cabo.

Acaso é a emerxencia de novos actores e novas formas de organización o que está a bater á nosa porta, e o que reclama un espírito novo, unha forma nova de encarar os problemas. O derrotismo non pode facer parte dese novo espírito. Aínda que tampouco unha suposta superioridade cultural. Terá que ser unha leal achega á convivencia planetaria a que sinale o noso lugar no mundo.

Outra vez a Pasaxe

Volve a cuestión do chabolismo da man da Ponte de Pasaxe, coa esperanza da desaparición do asentamento, mediante a inserción laboral dos seus moradores, pero con con dous temas realmente preocupantes:

  1. A acusación de que son eles os causantes do furtivismo e da contaminación da Ría.
  2. A cuestión das axudas xa cobradas (para marcharen ao alto do monte Xalo) e do seu retorno.

La Voz de Galicia publica esta Información, acompañada da opinión do Concello –xunto co seu proxecto– e da Confraría de Pescadores.

Paga a pena intentar de novo, con ilusión, a abordaxe da problemática da vivenda, especialmente cando leva emparellada unha mellora xeral das condicións de vida e da inclusión social das persoas que sofren a exclusión social máis radical.

Pero tamén paga a pena reflexionar sobre a necesidade de non culpar ás vítimas e de promover os discursos positivos que conducen á participación social plena.

Na morte de Domingos Dosil

Tal parece, lendo na prensa dixital, que era un político e que fora, casualmente, un activista social. Nin unha soa mención á súa medalla de Ouro de Galiza, polo seu servizo ao país, da man de Fraga Iribarne, el que foi alcalde de Muros polo BNG -ben que cos votos do PP.

A clave política prevalece en Europa Press, Terra e Tempo, El Correo Gallego, La Opinión de A Coruña ou La Voz de Galicia, o que non é pexa para citar a súa militancia social.

Paga a pena tornar a considerar o seu labor como activista social, como acena algún medio, concretamente Qué pasa na Costa, ou aclara outro, Santiago Siete.

Habería que recontar a súa historia na Regal, a primeira Rede Galega contra a pobreza, a súa desavinza con Xácome Santos, daquela presidente, pero tamén a súa achega decisiva á estruturación da Rede.

Informes | Informes mundiales | IDH 2011 |

Descargar | Informes sobre Desarrollo Humano (IDH) | Programa de las Naciones Unidas para el Desarrollo (PNUD)

Informes | Informes mundiales | IDH 2011 | Descargar | Informes sobre Desarrollo Humano (IDH) | Programa de las Naciones Unidas para el Desarrollo (PNUD).

Anda a mudar rápido o mundo!

Na tarde de onte seica ETA anunciaba a fin do último conflito armado en Europa Occidental. E, no mesmo día, a xenreira da revolta libia asasinaba a Gaddafi, un rais autoritario, amigo dos principais líderes occidentais e tamén inspirador de actos terrorias e de revolucións na procura da liberdade.
Parece que a economía dos países avazados se esfarela ao mesmo ritmo en que se consolida a dos países emerxentes. E as seguridades que servían ata onte, en política, como en economía, xa non rezan. Mesmo semella que as únicas seguridades posibles son as identitarias. Alén da razón, as pertenzas…
Cómpre, daquela, pensar. E discutir o que se pensa. Niso andamos neste abrente incerto.

Manifesto Cidadanía Inclusiva 2011

MANIFESTO POR UNHA CIDADANÍA INCLUSIVA

24 de setembro de 2011

Participando e Construíndo Futuro

Nós, persoas pertencentes a diversos colectivos que sofren exclusión social, reunidas en Santiago de Compostela o día 24 de setembro de 2011 no marco do II Encontro Galego de Cidadanía Inclusiva organizado pola Rede Galega de Loita contra a Pobreza (EAPN ‐ Galicia) para abordar os retos da participación como clave para construír futuro desde a nosa realidade actual:
MANIFESTAMOS

A falta de emprego é a dificultade clave para a inclusión. A crise actual está agravando as dificultades de acceso ao mercado de traballo para moitas persoas. Isto xera un bucle de exclusión (se non tes emprego, non tes vivenda, non podes participar…).

Outro elemento que dificulta a inclusión é a formación, que non é flexible nin adaptada ás persoas (capacidades e potencialidades) nin á situación de crise actual (formación non enfocada ás necesidades actuais da sociedade).

Ademais, a pesar do traballo de adaptación, sensibilización e educación, seguen a ser moi fortes as barreiras físicas (arquitectónicas, de mobilidade e transporte) e sociais (estereotipos, prexuízos, falta de confianza nas persoas, etc.). De este modo, a sociedade, que prioriza os valores económicos e de produtividade, pérdese as potencialidades das persoas diversas.

Asemade, existe escasa comunicación entre os axentes que interveñen nos procesos de inclusión. Tamén existe una falta recursos adaptados para promover a inclusión da diversidade.

Outro elemento que dificulta a inclusión é a burocracia que limita o acceso aos recursos sociais, restrinxindo así o acceso aos Dereitos, deixando a certas persoas fóra do noso marco legal de convivencia (por exemplo, os inmigrantes en situación non regular).

Por outro lado, algunhas empresas estanse a aproveitar das nosas situacións vulnerables, diminuíndo o control dos gobernos sobre o tecido produtivo. Isto xera situacións de moita presión cara aos traballadores e traballadoras con efectos moi negativos na saúde mental.

PROPOÑEMOS

Promover a auto-organización das persoas en situación de risco e/ou exclusión para xestionar coas empresas postos de traballo adaptados ás capacidades.

Adaptar as políticas sociais ao momento actual (quedan desfasadas rapidamente cos cambios que a crise xera), axilizando os procesos administrativos.

Manter a cobertura de servizos de acompañamento prestados polo sistema.

Optimizar os recursos para garantir a vivenda digna: Aproveitar vivendas baleiras, incrementar número de vivendas de protección oficial, etc.

Esixir ao Goberno que garanta o cumprimento da normativa laboral en vigor, nomeadamente mediante un maior control á economía mergullada.

Realizar convenios coas empresas para facilitar a empregabilidade. Intensificar o traballo individualizado con empresas para aproximar a realidade das persoas en exclusión.

Visibilizar os beneficios das experiencias de inserción que están funcionando nas empresas.

Asegurar a calidade dos programas de formación. Fomentar a formación práctica e adaptada ao contexto actual. Modificar os criterios de entrada á formación para que sexan máis flexibles e accesibles.

Reservar cotas de emprego público para persoas en risco e/ou exclusión social adaptando postos de traballo ás capacidades das persoas. Reforzar o papel das empresas de inserción, os programas de flexibilidade laboral e conciliación, o asesoramento a emprendedores, os viveiros de empresas, as escolas taller e os obradoiros de emprego.

Promover un cambio no modelo económico (pasando do modelo capitalista a un modelo no que o valor se mida en función do nivel de participación das persoas). Cualificar a riqueza do país pola cualificación da poboación.

Intensificar os programas de educación en valores para toda a cidadanía (funcionarios, colexios, familias,etc.), promovendo o incremento de recursos e a adaptación do sistema educativo, orientándoo a captar e potenciar os valores de cada persoa.

PARA LOGRALO

Consideramos que as organizacións sociais deberían crer nas capacidades das persoas, acompañando os procesos de inclusión, promover a innovación e o desenvolvemento, fomentar a economía social, difundir o coñecemento e a información e participar no diálogo social.

Pola nosa parte, debemos asumir a responsabilidade persoal para fomentar a reivindicación, promovendo a capacidade asociativa e desde aquí ser interlocutores directos cos representantes políticos e, sobre todo, para unha participación activa na sociedade.

Santiago de Compostela

24 de setembro de 2011

A %d blogueros les gusta esto: