Conflito, mediación e intervención policial

Onte, 12 de abril de 2016, foi un mal día para a comunidade xitana de Galicia. Quen se postulara durante máis dunha década como o lexítimo representante do pobo xitano de Galicia foi detido xunto con outros membros da súa familia no curso dunha enorme operación das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado porSeguir lendo “Conflito, mediación e intervención policial”

Día internacional do pobo xitano

Logo de séculos de desprezo e persecución, chegou o día 8 de abril de 1971 e o movemento asociativo xitano, reunido en Londres, reividicou a dignidade e a xustiza que lles foran negadas ás persoas e comunidades romaníes polo largo mundo que camiñaron. Vintecatro anos despois, a maior parte das reivindicacións seguen vivas, frescas eSeguir lendo “Día internacional do pobo xitano”

Adeus a Pía!

Unha xitana na xeira da transformación social A pasada semana despedimos á Tía Pía (María de la O Jiménez), a nai de Lupe Jiménez, a xitana asasinada polo seu home en febreiro de 2014. Foise de repente, sen avisar… Falaba por teléfono cunha persoa da súa parentela cando lle fallou o corazón. Quedouse! O asasinatoSeguir lendo “Adeus a Pía!”

O príncipe dos mercados

Participei na gravación do documental “El príncipe del mercadillo”, dentro do programa EQUIPO DE INVESTIGACIÓN, de La Sexta TV. A temática do desterro dos xitanos zamoranos venme ocupando desde hai anos (nos precedentes á actual situación tanto en Marín coma no propio Porriño). E non podía negarme a expoñer a miña visión dos feitos, porqueSeguir lendo “O príncipe dos mercados”

Desterro

Porque o desterro é unha medida que corresponde ao dereito penal. E non pode ser invocado como dereito consuetudinario para ser imposto á marxe das leis que rexen ao conxunto da cidadanía. Nin sequera serviría unha interpretación do mesmo como separación entre familias a causa dun delito de sangue ou dunha deshonra. Os feitos aducidos en público non soportan esta interpretación, polo que se trata, a todas luces, dun exceso verbal, cando non dun claro abuso. E, por se fose pouco, o mediador designado por unha das partes, renuncia a exercer como tal ante a evidencia da ausencia de vontade de diálogo e a capacidade dunha das partes de impoñer solucións unilaterais.

Livro denuncia “ciganofobia generalizada” na sociedade portuguesa – Sociedade – PUBLICO.PT

Volve un dos investigadores sociais máis fascinantes de Portugal, cunha tese que leva sostendo e investigando durante anos. Unha referencia de convivencia e tolerancia, unha aposta pola inclusión e pola cidadanía. Livro denuncia “ciganofobia generalizada” na sociedade portuguesa – Sociedade – PUBLICO.PT.