Educación intercultural e aprendizaxe do idioma en menores estranxeiros

Formación para o profesorado do CPR Pablo VI A Rúa de Valdeorras – 14 de outubro de 2019 A demanda A demanda dunha sesión formativa sobre educación intercultural e aprendizaxe do idioma foi realizada por Ángeles Terrón, a Orientadora Educativa do Centro, e enderezada á Dirección Xeral de Inclusión Social da Consellería de Política Social.Seguir lendo “Educación intercultural e aprendizaxe do idioma en menores estranxeiros”

Repetir eleccións en Austria

  Algunhas persoas pensan que a repetición das eleccións xerais en España é unha anomalía democrática. Máis ben a anomalía é a incapacidade para o diálogo, non o contexto de maior pluralidade e capacidade de elección que resultara das de decembro. Os novos resultados, por outra banda, tampouco veñen dar a razón nin aos queSeguir lendo “Repetir eleccións en Austria”

Si a outra Europa -Jo Cox in memoriam

Veño de Ipswich, no Este de Inglaterra, de participar nun encontro do proxecto Elaine sobre Concellos e Participación das persoas migrantes (incluídas as refuxiadas) na construción de Europa. As anfitrioas, británicas, demostraran que o Reino Unido pode ser unha sociedade aberta e tolerante. Ducias de voluntarias e voluntarios, clases gratuítas de inglés, asesoramento legal, buscaSeguir lendo “Si a outra Europa -Jo Cox in memoriam”

Un homicidio en Marín con implicados do Vao

A morte do propietario dun Cíber en Marín, provocada polos golpes propinado por tres individuos do Vao, dous maiores de idade e un menor, debe ser unha chamada de atención para evitar que estes feitos se reproduzan, con resultado de morte, e tamén que a marxinalidade reproduza formas de exclusión social que leven a comportamentos desviados.

O príncipe dos mercados

Participei na gravación do documental “El príncipe del mercadillo”, dentro do programa EQUIPO DE INVESTIGACIÓN, de La Sexta TV. A temática do desterro dos xitanos zamoranos venme ocupando desde hai anos (nos precedentes á actual situación tanto en Marín coma no propio Porriño). E non podía negarme a expoñer a miña visión dos feitos, porqueSeguir lendo “O príncipe dos mercados”

Comunicado CIE polos atentados de París

A Comisión Islámica de España (CIE), representante oficial dos musulmáns ante o Estado Español, expresa pola presente a súa total condena aos atentados de París contra os empregados do semanario Charlie Hebdo. A comunidade musulmá de España veu reiterando nos últimos anos o seu rexeitamento e firme condena ao terrorismo e á violencia en todasSeguir lendo “Comunicado CIE polos atentados de París”

Tuğçe Albayrak

A pesar de que as historias de sucesos conforman un xénero tan afastado da literatura como da sensibilidade racional, conmoveume a historia de Tuğçe Albayrak, morta por defender a dúas adolescentes nun establecemento de comida rápida en Offenbach, perto de Frankfurt. Quero reflexionar sobre ela porque contén dous elementos que considero importantes para a construciónSeguir lendo “Tuğçe Albayrak”

Tombuctú

Sirve de ben pouco que eu levante a voz para dicir que é hora de vivir en paz. Pero, en calquera caso, a paz e a igualdade entre as persoas e entre os pobos son a razón do meu existir. Comentei estas semanas atrás o conflicto de Azawad e Malí, no Sahel, entre o SaharaSeguir lendo “Tombuctú”

Manifesto por unha sociedade intercultural

Por unha sociedade plural, unha convivencia intercultural O pasado día 5 de febreiro de 2008, produciuse o realoxamento de 3 familias xitanas do Bao, no municipio Pontevedrés de Poio, e trasladáronse a vivir a Monte Porreiro, en Pontevedra. Estas familias foron desaloxadas dos seus fogares por unha orde xudicial, por un expediente de infracción urbanística.Seguir lendo “Manifesto por unha sociedade intercultural”