Parados en outubro

Que está a pasar no mercado de traballo en Galicia? Que podemos agardar para os vindeiros meses? Pois parece que veremos unha evolución positiva do emprego, sempre en termos de comparación anual. Pero seguiremos lonxe de ter unha taxa de actividade propia dun país moderno (actualmente é do 53,9% segundo o IGE, mentres que en Europa é do 57,6%). E o desemprego continuará sendo unha realidade cotiá para unha de cada cinco persoas que queiran traballar.

Un país de prestado

Non estou certo de todo do que significa o rescate da economía española. Entre outras cousas porque sospeito que pouca xente ten unha idea clara ao respecto. Para empezar, o presidente do goberno parece que tardará en entendelo ata o mes de xullo, e mentres prefire ver os partidos da selección española en Polonia. OSeguir lendo “Un país de prestado”