Os nosos dereitos, as nosas liberdades, SEMPRE!

Escribín no meu libro Abrente Incerto que os dereitos humanos forman parte do patrimonio ético da humanidade e que constitúen a única base certa para unha ética común. Non porque fosen suficientes para garantir a vida, a dignidade e a paz, ou porque non pecasen de eurocéntricos. Senón porque, a pesar das deficiencias, forman unSeguir lendo “Os nosos dereitos, as nosas liberdades, SEMPRE!”

Non culpen aos profetas!

En demasiadas ocasións o galeguismo cívico e o nacionalismo político estiveron presos por leas cainitas, doutrinarias, ideolóxicas ou persoais, absolutamente estériles. Unhas poucas veces, grupos moi minoritarios dentro desas familias de seu pequenas e fragmentadas emprenderon camiños baseados no odio e na carraxe. Pero moitas máis veces persoas que pertencen a eses mesmos grupos estiveron dispostas a ceder dos seus dereitos cívicos e lingüísticos a prol da convivencia. Abonda xa! Se queren facer algo por un proxecto colectivo, non precisan darlles a razón aos activistas da Mesa. Pero procuren unha diagnose seria. Non culpen aos profetas!