Non culpen aos profetas!

En demasiadas ocasións o galeguismo cívico e o nacionalismo político estiveron presos por leas cainitas, doutrinarias, ideolóxicas ou persoais, absolutamente estériles. Unhas poucas veces, grupos moi minoritarios dentro desas familias de seu pequenas e fragmentadas emprenderon camiños baseados no odio e na carraxe. Pero moitas máis veces persoas que pertencen a eses mesmos grupos estiveron dispostas a ceder dos seus dereitos cívicos e lingüísticos a prol da convivencia. Abonda xa! Se queren facer algo por un proxecto colectivo, non precisan darlles a razón aos activistas da Mesa. Pero procuren unha diagnose seria. Non culpen aos profetas!