Así pesan os mortos de ninguén na nosa conciencia

Os únicos que representan nesta hora o que Europa debería ser son os italianos, os moitos italianos que salvan vidas todos os días arriscando violar as leis. A figura que resume estes italianos enchidos de honra é descrita polo pescador Ernesto na preciosa película “Terraferma” de Crialese que viola a orde de manter o seu pesqueiro lonxe dunha lancha neumática respondendo cun simple, humano e poderoso: “Io gente in mare non ne ho lassata mai” (eu xente no mar non deixei nunca).