Desterro

Porque o desterro é unha medida que corresponde ao dereito penal. E non pode ser invocado como dereito consuetudinario para ser imposto á marxe das leis que rexen ao conxunto da cidadanía. Nin sequera serviría unha interpretación do mesmo como separación entre familias a causa dun delito de sangue ou dunha deshonra. Os feitos aducidos en público non soportan esta interpretación, polo que se trata, a todas luces, dun exceso verbal, cando non dun claro abuso. E, por se fose pouco, o mediador designado por unha das partes, renuncia a exercer como tal ante a evidencia da ausencia de vontade de diálogo e a capacidade dunha das partes de impoñer solucións unilaterais.