Memoria

Logo de Camboia (a Campuchea de Pol Pot), España é o segundo país do mundo con máis persoas desaparecidas por causas políticas. Media Europa tivo que enfrontar unha situación máis terríbel e inzada de dor. Pero a vontade de recuperar a democracia e a convivencia logo da Guerra, fixeron que se restablecese a memoria das vítimas.

30 anos de Festa

Dignidade. Celebramos esta tardiña no Catro en Vigo, unha pequena festa para celebrar os trinta anos da Festa da Palabra Silenciada. Con ela chegaba o número 29. Calquera revista cultural vive de militancia e de xenerosidade. Se é unha revista cultural feminista e en galego, nútrese de soños compartidos e do mañá que parimos entreSeguir lendo “30 anos de Festa”