A luz de inverno en Venezia

Continua a ser a cidade que me fascinou desde o primeiro momento: un testemuño dun pasado de inquezanza e curiosidade, de liberdade e de emprendemento. Tamén unha proba de que Europa se afunde lentamente, aferrada ao seu pasado, ao mesmo ritmo que o cambio climático que provocamos vai enchendo de augas de diversa procedencia a lagoa do Véneto.