Na inauguración dunha Igrexa Evanxélica (romanesa) en Vigo

Non teño ningunha dúbida de que as sociedades secularizadas seguirán albergando grupos fondamente relixiosos. E mesmo producindo novas formas de relixiosidade. A función da militancia a prol da sociedade intercultural non está en negar esas formas de comportamento social que apelan á transcendencia, senón de integralas nunha comprensión máis ampla, na que existan puntos de acordo entre persoas relixiosas e laicas, en sociedades que, sendo plurais, permitan a liberdade de conciencia e de culto, pero que non utilicen esa liberdade para impoñer unilateralmente unha determinada visión do mundo, unhas determinadas normas e unhas determinadas formas de poder e de opresión.