Novas achegas para comprender a exclusión na nosa contorna

A desigualdade é unha cuestión que xa non pode esperar máis, nin a nivel local nin a nivel mundial. Non podemos agardar un crecemento económico improbábel para comezar a distribuír os recursos dun xeito máis xusto e solidario.

Pobreza infantil e transmisión da pobreza

Transmítese a pobreza: si. E mesmo se incrementa de nais a fillas, de pais a fillos. Nin sequera a educación está a ser quen de crear mobilidade social. Temos a xeración de menores de idade proporcionalmente máis pobre desde que chegou a nós a revolución industrial. E non hai políticas nin conciencia suficiente para poder…

A fractura social e a esperanza

Na situación actual son moitas as familias e as persoas que pasan por dificultades. Falta traballo, falta crédito, o acceso á vivenda é cada vez máis complicado e a súa conservación non menos complicada. Nas familias con todos os seus membros desempregados (hai tempo que don máis de dous millóns) comeza a faltar con qué…

Reflexión sobre o Decreto-Lei de Execución Hipotecaria

A pesar das críticas recibidas, o Decreto-Lei, frea as execucións hipotecarias da xente máis desfavorecida, aínda que deixa intactas as cargas de quen ten máis de tres veces o IPREM (o que non parece inxusto, a pesar de que segue a deixar as cargas sobre as costas das clases medias en declive. O convenio asinado…

Español, sen recursos

“Un cartel é un berro nunha parede” segundo a definición clásica. O cartelismo tamén difundiu aquela pretensión de ser “un puñazo no ollo”. Cada mañá paso por un cartel que aspira a ser un berro na rúa: “Español sin recursos pido una ayuda acepto trabajo”. Detrás hai un home da miña idade, coa dignidade quebrada….

España, líder europeo en desigualdade

España, líder europeo en desigualdade Era sabido que nos tempos das vacas gordas, España converteuse no país de Europa con maior número de millonarios. A pesar da ruína de algunha desas fortunas, as máis delas tiñan sobradas vías de escape para os anos das vacas fracas. Por ese mesmo tempo, había dez millóns de persoas…

Increméntase o risco de pobreza

Increméntase o risco de pobreza Desde que comezou a crise, cada vez é maior o número de persoas e de fogares que sufren situacións de pobreza, de privación material severa ou de baixa intensidade do emprego. O indicador AROPE conxuga os datos destes tres indicadores para ofrecernos un panorama preocupante. A Crise está a levar…