O feminismo con axenda propia

A pesar dos intentos de situar ao movemento feminista como un extremismo, que posibilita a ridiculización é a redución á condición minoritaria, a mobilización de hoxe volveu situar a causa das mulleres no centro do debate social. Porque a reivindicación da igualdade non pode ser reducida a unha opinión minoritaria cando as evidencias mostran que as desigualdades entre homes e mulleres os as máis duradoiras, persistentes e inxustas de cantas desigualdades sociais existen.

A revolta de marzo debe continuar

O 8 de marzo había un mundo de xente na rúa para reclamar os dereitos das mulleres. Desde unha mirada militante, foi unha mobilización feminista. Pero había outras lecturas, máis transversais: a sociedade enteira precisa dun compromiso coa causa das mulleres, coa causa da igualdade para seguir avanzando en liberdade e fraternidade / sororidade. Hoxe,Seguir lendo “A revolta de marzo debe continuar”

Paremos a ideoloxía sexista!

Na evolución das desigualdades entre homes e mulleres, chama a atención a falta de pulo que vivimos hoxe respecto das arelas de igualdade, como se todo estivese feito ou, máis ben, como se quedase pouco por facer. Pero chama aínda máis a atención a existencia de campañas pensadas co obxecto de parar e desactivar calqueraSeguir lendo “Paremos a ideoloxía sexista!”