Outra vez Lampedusa

Ninguén que sexa sensible á problemática dos dereitos humanos pode deixar de conmoverse e indignarse coa nova traxedia na canle que separa Sicilia de África, perto de Lampedusa.
Despois da conmoción debe vir a acción colectiva para reclamar unha solidariedade efectiva coas persoas que fuxen das guerras e das matanzas de Oriente Medio, e das que fuxen da miseria da África Central.