Unha solución para Libia

Precisamente nese contexto é onde hai que reclamar unha solución (autóctona, democrática, laica e pluralista) para Libia. Esa solución, que hoxe semella imposible, non será posible mentres prefiramos o petróleo barato e o imperio das mafias e das faccións armadas antes que artellar novos camiños para a xestión libre e soberana dos propios recursos e do propio territorio.