Educación intercultural e aprendizaxe do idioma en menores estranxeiros

Formación para o profesorado do CPR Pablo VI A Rúa de Valdeorras – 14 de outubro de 2019 A demanda A demanda dunha sesión formativa sobre educación intercultural e aprendizaxe do idioma foi realizada por Ángeles Terrón, a Orientadora Educativa do Centro, e enderezada á Dirección Xeral de Inclusión Social da Consellería de Política Social.Seguir lendo “Educación intercultural e aprendizaxe do idioma en menores estranxeiros”

Conflito, mediación e intervención policial

Onte, 12 de abril de 2016, foi un mal día para a comunidade xitana de Galicia. Quen se postulara durante máis dunha década como o lexítimo representante do pobo xitano de Galicia foi detido xunto con outros membros da súa familia no curso dunha enorme operación das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado porSeguir lendo “Conflito, mediación e intervención policial”

Desterro

Porque o desterro é unha medida que corresponde ao dereito penal. E non pode ser invocado como dereito consuetudinario para ser imposto á marxe das leis que rexen ao conxunto da cidadanía. Nin sequera serviría unha interpretación do mesmo como separación entre familias a causa dun delito de sangue ou dunha deshonra. Os feitos aducidos en público non soportan esta interpretación, polo que se trata, a todas luces, dun exceso verbal, cando non dun claro abuso. E, por se fose pouco, o mediador designado por unha das partes, renuncia a exercer como tal ante a evidencia da ausencia de vontade de diálogo e a capacidade dunha das partes de impoñer solucións unilaterais.

Mediación?

Hai trinta anos escoitaba, abraiado, discursos de líderes xitanos que proclamaban a súa dignidade cultural afirmando que “máis vale unha gota de sangue que mil discursos”. Daquela eu era un mozo. Agora son case un vello. Continúo abraiado diante dese discurso. Pero xa non son quen de asentir. Meneo a cabeza, incrédulo. E levanto a voz, pido a palabra, para dicir que esa é unha afirmación racista.

UN GRUPO DE PROFESIONAIS DE SERVIZOS SOCIAIS ROMANESES VISITA GALICIA

Originally posted on Asociación Diversidades:
A Asociación Diversidades recibirá un grupo de cinco profesionais que durante quince días coñecerán os sistemas de mediación intercultural. Foto Faro de Vigo VIGO, 16 DE MAIO DE 2014: Un grupo de cinco profesionais de servizos sociais procedentes de Romanía visitará Vigo entre o 18 de maio e o…