Un homicidio en Marín con implicados do Vao

A morte do propietario dun Cíber en Marín, provocada polos golpes propinado por tres individuos do Vao, dous maiores de idade e un menor, debe ser unha chamada de atención para evitar que estes feitos se reproduzan, con resultado de morte, e tamén que a marxinalidade reproduza formas de exclusión social que leven a comportamentos desviados.

A paz fronte ao terror

Aínda está o sangue fresco. As testemuñas teñen o balbordo das bombas e dos disparos retumbando nos tímpanos. As fusiladas de onte aínda fan estarrecer ás xentes máis temperadas dun París incrédulo ante tanta morte, tanta desolación. A primeira reacción, instintiva, “era collelos a todos…”. Pero precisamente é iso o que eles queren. Acción eSeguir lendo “A paz fronte ao terror”

Violencia policial?

Comparto o pesar dos inmigrantes de Senegal que viven entre nós na procura dunha vida mellor, para si e para as súas familias. Agardo que o Estado poña máis medios en protexer a vida que en perseguir pequenas infraccións que están moi lonxe de constituír o principal problema das nosas industrias culturais.

Tuğçe Albayrak

A pesar de que as historias de sucesos conforman un xénero tan afastado da literatura como da sensibilidade racional, conmoveume a historia de Tuğçe Albayrak, morta por defender a dúas adolescentes nun establecemento de comida rápida en Offenbach, perto de Frankfurt. Quero reflexionar sobre ela porque contén dous elementos que considero importantes para a construciónSeguir lendo “Tuğçe Albayrak”

Violencia simbólica, terror e morte arredor do fútbol

Violencia simbólica O bo do deporte é que permite ás sociedades avanzadas substituír a violencia real como forma de competencia por formas simbólicas, ritualizadas, de enfrontamento. Esta ritualización presenta a vantaxe de que a competencia pode resultar pacífica, o recurso escaso obxecto de litixio pode ser exclusivamente a vitoria (ou outras formas simbólicas de recompensa),Seguir lendo “Violencia simbólica, terror e morte arredor do fútbol”

Violencia racista

Van pasando os días, catorce desde que o sábado 9 de agosto de 2014 un policía asasinase ao adolescente Michael Brown, en Ferguson (Missouri). E as augas parecen baixar máis tranquilas por aquelas terras. Pero non porque os feitos fosen esclarecidos. Nin porque a actuación da policía se volvese máis exemplar. Ao contrario, o díaSeguir lendo “Violencia racista”