18000 fogares con nenas ou nenos en pobreza severa

Pobreza CeroHoubo un tempo en que a pobreza e a precariedade social existían, pero estaban agochadas para a opinión pública. Parecía prevalecer a opinión de que “aquí non se fai rico quen non quere”. Eran os tempos dun crecemento económico que prometía abundancia universal. Agora aparece á vista de todo o mundo o emperador espido. Non hai posibilidades de que o crecemento económico xere recursos ilimitados e un reparto equitativo. Os recursos sempre serán limitados e os repartos desiguais. Para un reparto máis igualitario, para que uns gañen, outros teñen que perder; hai que ser consciente de a igualdade ten un prezo. Agora, afortunadamente, existe a conciencia de que a situación debe mellorar, que debemos poñer aos máis débiles no centro do debate, e que a cohesión social é imprescindible para unha sociedade que queira vivir en paz.

http://praza.com/movementos-sociais/7592/a-xunta-reconece-que-18000-fogares-con-nenos-sofren-pobreza-severa-en-galicia/

Deixar un comentario