Onte, 10 de decembro, Día Internacional dos Dereitos Humanos, o noso grupo de Bros visitou o Fogar San Rafael.
Poidemos coñecer de primeira man esta interesantísima experiencia de inclusión social pensada nas persoas con discapacidade intelectual e realizada con paixón e profesionalidade.
Agradecemos á súa directora, Mercedes, e á traballadora social Patricia Torrado a oportunidade que nos deron e pola súa hospitalidade. E queremos facelo coas palabras é a sensibilidade das mozas e mozos que fan Bros cada día:
O martes 10 estivemos de visita no Centro San Rafael de Vigo. Estamos moi agradecidos a Mercedes, directora, e Patricia, traballadora social, pola excelente presentación que nos fixeron das distintas áreas do centro e, sobre todo, a todas as persoas integrantes que nos recibiron cos brazos abertos e grandes sorrisos. O grupo Bros de Diversidades aprendeu a aprender que a inclusión e a diversidade están en cada un de nós, e con eles construímos o día a día dunha vida. Unha imaxe vale máis que mil palabras, e quedámonos co agarimo recibido, a alegría que nos contaxiaron, a motivación e a capacidade de superación que nos demostraron; no noso corazón temos claro que queremos volver e que queremos que todos os cidadáns de Vigo descubran a maxia que existe en todo o persoal e usuarios de San Rafael.
Durante os días 16 e 17 de decembro, as responsables de Protección Internacional da Oficina Técnica de Red Acoge imparten formación para a apertura do Centro de Acollida de Persoas Refuxiadas de Diversidades Acolle.
Vigo, 16 de decembro de 2019
O vindeiro 2020 a Asociación Diversidades Acolle comezará unha nova andaina coa apertura dun Centro de Acollida para Persoas Solicitantes de Protección Internacional. A súa posta en marcha foi posible grazas á Red Acoge, a Federación de Entidades Sociais á que pertencemos e coa que decidimos identificarnos. Aínda que Red Acoge xestiona o programa de Protección Internacional desde 2017, será en 2020 cando implante a experiencia dos Centros de Acollida de forma complementaria aos pisos de acollida que viñan ofrecendo os servizos para a realización de itinerarios de Acollida, Integración e Acompañamento (metodoloxía AIA).A xornada de hoxe estivo centrada no coñecemento das ferramentas técnicas que farán posible os servizos de acollida no marco do noso centro. Contamos coa presenza de Tania Vilkhova, directora da Área de Acción Social e de Carolina Vicente, Responsable de Acollida Protección Internacional de Red Acoge. O noso agradecemento ao seu traballo e ao seu apoio.
Hoxe, día internacional das migracións, a Asociación Diversidades Acolle reuniuse arredor do voluntariado que fai posible cada día os proxectos que levamos a cabo, especialmente o voluntariado do proxecto de Competencias Clave de Persoas Adultas e o de Integración do Alumnado Ingrante, que chamamos B-Team.
O momento máis entrañable da festa foi o encontro entre Maricarmen, a profesora de Español, con Miguel, voluntario de B-Team, que foran no seu día profesora e alumno e coinciden hoxe en diferentes proxectos da nosa asociación. Este encontro interxeneracional amosa que a solidariedade forma unha cadea de unión entre as persoas que transcende a condición de cada quen.
No día de onte entrevistarnos nos coa Cónsul Xeral de Arxentina en Vigo, Silvina Montenegro, e co Agregado Administrativo para leste mesmo consulado, Alejandro Franco. Na entrevista tivemos a oportunidade de presentarlles o Proxecto de Retorno Voluntario que Diversidades, como entidade federada da Red Acoge, leva a cabo. Foi ocasión tamén para pór en común servizos nos que poder coordinarse e colaborar. Para iso tamén contamos coa colaboración de Isabel, secretaria, que nos facilitou a entrevista. Grazas Silvina, grazas Alejandro, grazas Isabel. É un pracer colaborar con este consulado
Comunicado de Red Acoge fronte ao fallo do Tribunal
Europeo de Dereitos Humanos sobre a práctica de devolucións sumarias en España
Desde Red Acoge, valoramos como vergoñento e inadmisible o fallo da Gran Sala do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos, no que se anulou a condena de 2017 a España polas prácticas de devolucións sumarias na Fronteira Sur.
A culpabilización das
persoas que tentaron cruzar a fronteira por non utilizar os procedementos
oficiais de entrada, como se argumenta no fallo, evidencia un descoñecemento
inaceptable dos dereitos máis básicos que asisten ás persoas que foxen dos seus
países, por parte dun Tribunal que debería protexelos.
As escasas vías legais
existentes, e as dificultades de acceso a elas por parte das persoas que tentan
cruzar as fronteiras, fan que miles de persoas poñan en risco a súa vida todos
os días obrigándoas a migrar a través de vías irregulares. Este é só un dos
elementos que conforman unha política migratoria caracterizada polo peche de
fronteiras e o bloqueo á libre circulación de persoas.
Segundo o Dereito
Internacional dos Dereitos Humanos, ningunha persoa pode ser retornadas a un
terceiro país sen o seu consentimento libre e informado e en ausencia de toda
intervención administrativa ou xudicial previa, independentemente do seu status
migratorio ou da vía de entrada no país.
As devolucións sumarias
infrinxen un trato degradante e inhumano ás persoas que cruzan unha fronteira.
A estas persoas asístenlles diferentes dereitos para darlles protección, como o
dereito a solicitar asilo, á atención letrada, interpretación, atención médica,
acceso á tutela xudicial efectiva, ao recurso ante os tribunais da propia
expulsión e o dereito á vida.
Independentemente desta
resolución, a práctica de devolucións sumarias continúa dándose nas nosas
fronteiras. Numerosos organismos de Nacións Unidas denunciaron esta práctica
realizada por España, e reiteraron a necesidade de modificar a lexislación
española e pór fin á execución de devolucións sumarias que vulneran os dereitos
das persoas migrantes.
Por este motivo reiteramos
ao actual Goberno a súa obrigación de cumprir co principio de non devolución,
independentemente da vía de entrada ao país e denunciamos os obstáculos aos que
se enfrontan as persoas para migrar a través de vías regulares e seguras. O
Estado español ten a obrigación de garantir os dereitos humanos de todas as
persoas durante a atención, identificación e acollida nas súas fronteiras e
estas non poden ser devoltas xa que, de facelo porían novamente en risco a súa
vida.
As políticas cuxo obxectivo
é frear e limitar a migración, só serven para exacerbar os riscos aos que se
expoñen as persoas migrantes e crear zonas de ilegalidade e impunidade nas
fronteiras. Unhas fronteiras que non poden converterse en zonas de exclusión ou
excepción das obrigacións dos dereitos humanos. O Estado español ten dereito a
exercer a súa xurisdición nas súas fronteiras internacionais, pero deben facelo
conforme ao ás súas obrigacións.
(Asociación
Diversidades é unha entidade federada en Red Acoge)
Comezamos esta tarde o curso de formación inicial de voluntariado de 2020. Unha magnífica ocasión para reflexionar conxuntamente co noso compromiso coas persoas migrantes en risco, e para pensar na forma en que desde Diversidades Acolle creamos oportunidades e solidariedade.
De forma dialogada e participada fomos construíndo entre todas o significado do voluntariado, a necesidade de traballar de forma coordinada e organizada, así como os dereitos e deberes das persoas voluntarias, das organizacións de voluntariado e, sobre todo, das persoas que participan nas nosas actividades e que dan sentido ao noso compromiso.
No Día
Internacional da Eliminación da Discriminación Racial ou Étnica, desde RED
ACOGE, queremos amosar a nosa especial preocupación polos discursos de odio,
racistas e xenófobos cara ás persoas migrantes, que se levan a cabo por parte
de líderes de opinión.
Discursos
caracterizados pola utilización dun enfoque alarmista, a criminalización e
deshumanización da poboación migrante, e
o uso de datos falsos ou terxiversados, xerando prexuízos e estereotipos e unha
actitude de rexeitamento cara á poboación
migrante. A reprodución destas mensaxes por parte da cidadanía ten un
impacto social directo, xa que inflúen na percepción, recibimento e interacción
coa realidade migratoria, fomentando actos discriminatorios contra a poboación migrante.
Por este motivo,
é imprescindible promover discursos nos que se teña en conta que migrar é un dereito inherente á condición
humana, e que as persoas que migran son
suxeitos destes dereitos. Ademais de xerar discursos alternativos, cun enfoque
de dereitos, a cidadanía como receptora de discursos de odio, temos a
capacidade de loitar contra a xenofobia e o racismo que se desprende desas
mensaxes. Así mesmo, temos o poder de contrarrestalos sendo axentes de cambio
denunciando calquera feito discriminatorio que suframos ou presenciemos.
Desde Red Acoge
poñemos ao dispor da sociedade varias ferramentas para denunciar casos de
discriminación, entre elas a App Alerta Discriminación, que nos serve para
visibilizar estas situacións e actuar para que non queden impunes.
O 21 de marzo apelamos á cidadanía e a todos os actores sociais e, en particular aos poderes públicos, ademais de formacións políticas e medios de comunicación, a loitar contra os discursos xenófobos e intolerantes dirixidos á sociedade en contra das persoas migrantes e refuxiadas.
Fronte ao discurso de odio… Actuemos!
Podes ler este manifesto na súa publicación orixinal: Castellano
No marco de Red Acoge e coa colaboración do Ministerio de Inclusión abrimos as portas con 15 prazas para persoas solicitantes de Protección Internacional
No medio dunha situación tan complexa como a actual, alégranos poder anunciar que esta semana abrimos as portas do noso novo centro de acollida para persoas solicitantes e beneficiarias de Protección Internacional. Trátase dun terreo situado no municipio de Tui con tres edificacións que teñen unha capacidade para quince prazas. En breve o Centro contará con novas prazas, incluída unha adaptada.
O programa de Protección Internacional está destinado a persoas que debido a fundados temores de ser perseguidas por motivos de raza, relixión, nacionalidade, opinións políticas, pertenza a determinado grupo social, de xénero ou orientación sexual, atópanse fóra do país da súa nacionalidade e non poden ou, por mor de devanditos temores, non queren acollerse á protección de tal país -así como ás persoas apátridas en circunstancias similares-. Neste centro abordaremos a súa situación dende distintos ámbitos para garantir unha plena inclusión.
Esta acollida temporal supón o primeiro paso, posto que é necesario un nivel de vida digno para afrontar o resto do proceso. Un equipo multidisciplinar velará polo seu coidado psicosocial, a aprendizaxe do idioma no caso de que fose necesario ou unha asistencia xurídica, entre outros aspectos. Trátase dunha metodoloxía AIA, é dicir, de Acollida, Integración e Acompañamento.
Este é un proxecto cofinanciado polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións e o Fondo de Asilo, Migración e Integración da Unión Europea e o Fondo Social Europeo. Con todo, non poderiamos acceder a el sen o soporte de Red Acoge, Federación de ONGs a prol dos dereitos das persoas inmigrantes, á que pertencemos dende 2017.
Apertura de un nuevo centro de acogida en Tui
En el marco de Red Acoge y con la colaboración del Ministerio de Inclusión abrimos las puertas con 15 plazas para personas solicitantes de Protección Internacional
En medio de una situación tan compleja como la actual, nos alegra poder anunciar que esta semana abrimos las puertas de nuestro nuevo centro de acogida para personas solicitantes y beneficiarias de Protección Internacional. Se trata de una finca situada en el municipio de Tui con tres edificaciones que tienen una capacidad para quince plazas. En breve el Centro contará con nuevas plazas, incluida una adaptada.
El programa de Protección Internacional está destinado a personas que debido a fundados temores de ser perseguidas por motivos de raza, religión, nacionalidad, opiniones políticas, pertenencia a determinado grupo social, de género u orientación sexual, se encuentran fuera del país de su nacionalidad y no pueden o, a causa de dichos temores, no quieren acogerse a la protección de tal país -así como a las personas apátridas en circunstancias similares-. En este centro abordaremos su situación desde distintos ámbitos para garantizar una plena inclusión.
Esta acogida temporal supone el primer paso, puesto que es necesario un nivel de vida digno para afrontar el resto del proceso. Un equipo multidisciplinar velará por su cuidado psicosocial, el aprendizaje del idioma en caso de que fuese necesario o una asistencia jurídica, entre otros aspectos. Se trata de una metodología AIA, es decir, de Acogida, Integración y Acompañamiento.
Este es un proyecto cofinanciado por el Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones y el Fondo de Asilo, Migración e Integración de la Unión Europea así como el Fondo Social Europeo. Sin embargo, no podríamos haber accedido a él sin el soporte de Red Acoge, Federación de ONGs favor de los derechos de las personas inmigrantes, a la que pertenecemos desde 2017.
Este pasado venres, 24 de xullo, fixemos unha saída didática do Proxecto Summer B-Team para aprender a vivir na nosa cidade e gozar dela. Foi unha excursión ao Monte do Castro, onde compartimos xogos, amizade e unha fantástica limonada. Superar os medos a saír despois do confinamento, consolidar as destrezas para estar na rúa de forma segura e complementar a formación académica con habilidades para a vida son as nosas apostas para o Verán 2020.