Unha enchente do río Tea, a fonte de Troncoso e o cambio climático

Logo da seca máis longa da que teño memoria, choveu este outono como poucas veces lembraba. E o día primeiro de ano caeu unha treboada sobre o val do Tea que alagou a Fonte de Troncoso. Achegueime a ver os danos, dado que son afeizoado a contemplar a beleza e a decadencia desta fascinante obra de Antonio Palacios que conxuga arquitectura industrial, recreativa e ornamental, cunha singular integración na paisaxe. A magnitude da desfeita explícase polo desleixo no coidado do patrimonio, mais tamén por darlle as costas ao cambio climático.

A carta do Nadal

Nesta noite fría, hai unha muller parindo nun portal. Desprazada forzosa, axiña terá que fuxir co seu fillo e o seu home. A policía anda tras dela por causas políticas que non comprendemos. Pasou hai dous mil anos e segue pasando. Así, Deus, un dos nosos, chega á nosa vida para ficar, se o deixamos….

A carta da Pascua 2020

Cando era un rapaz, cada Domingo de Pascua saímos coa cruz florida a levar a beizón ás casas… a todas as casas da parroquia de Mondariz sen excepción. A práctica relixiosa ou o comportamento cotián de cada quen, non era relevante. O importante era a chegada da Pascua Florida (o domingo despois da primeira lúa…

Marco Marchioni, na memoria

Vigo 23/03/2020 Onte morreu Marco Marchioni. Un mestre do traballo social comunitario. Para quen tivemos a ocasión de traballar con el, acaso o mestre do traballo social comunitario. Asesou o Plan Autonómico de Drogodependencias de Galicia durante os anos ’90. Jesús Morán, sendo xefe de Servizos do Plan, contratou os seus servizos para axudar a…

Un paseo nas ribeiras do Tea

O outono veu duro. Durante semanas só coñecemos unha choiva interminable, o ceo gris, as nubes que pasan rápido para deixar paso a nubes máis negras, a horizontes máis pechados… Hai poucos días que cesou a choiva. As noites son máis frías e a néboa agroma do fondal dos vales, pero tamén por entre os…

Educación intercultural e aprendizaxe do idioma en menores estranxeiros

Formación para o profesorado do CPR Pablo VI A Rúa de Valdeorras – 14 de outubro de 2019 A demanda A demanda dunha sesión formativa sobre educación intercultural e aprendizaxe do idioma foi realizada por Ángeles Terrón, a Orientadora Educativa do Centro, e enderezada á Dirección Xeral de Inclusión Social da Consellería de Política Social….